21/11/08

En Toledo seguiuse avanzando na definición dos perfís profesionais




O Castelo de San Servando en Toledo acolleu o 14 e 15 de novembro de 2008 un encontro estatal das asociacións autonómicas de profesionais da xuventude. Seguindo o guión marcado na anterior xuntanza en Cataluña, decidiuse abordar a definición dos perfís profesionais dos traballadores de xuventude.
Á reunion de Toledo asistiu Galicia, Cataluña, Andalucía e por suposto os anfitrións Castela A Mancha.

Na anterior reunión en Barcelona establecéronse 4 perfís profesionais.
1)Técnico director coordinador de programas
2)Técnico de información xuvenil
3)Técnico dinamizador
4)Técnico asesor.

Definición das funcións dos perfís

Así na xuntanza toledana puxeronse en común as 5 funcións definidas no portafolio europeo,pero tamén se tomaron como base para o debate as funcións detalladas nun traballo reaizado pola asociación andaluza e outro estudio realizado pola asociación catalana.

Tras dous días de debate e de avance nas funcións que cumpría cada perfil. Decidiuse que cada asoación se encargase de elaborar máis polo miudo un dos perfís, mandando despois a información ao resto para que aportasen as súas conclusións.
No mes de xaneiro deberán estar os traballos definitorios do perfil e funcións, para que ata febreiro as outras asociacións podan aportar o seu grao de area á definición de cada perfil. Para máis adiante quedaría o debate das competencias que cada traballador debe posuir para desenvolver cada un dos perfís.

Para todo isto creouse unha conta de correo á cal as asociacións faran chegar as aportacións que vaian realizando ás definicións dos perfís.

No horizonte de todo este traballo está a posibilidade de poder influir nos organos encargados de regularizar e definir as funcións e modos de acceso á profesión, para que por fin os profesionais de xuventude acaden o conseguinte valor profesional, formativo, retributivo.

Labores para ATIXDEGA

Pola súa banda a ATIXDEGA encomendouselle a función de crear un blog que aune e represente á coordinadora estatal de asociacións de profesionais da xuventude.

Tamén Galicia será a encargada de organizar a vindeira xuntanza estatal para o mes de maio. Así nas vindeiras semanas comezarán os contactos coa Xunta de Galicia, para conseguir o seu apoio na organización da mesma.

Neste senso hai que destacar que durante unha sesión organizada pola Dirección Xeral de Xuventude para dar a coñecer a rede dos locais de ensaio, o presidente de ATIXDEGA, mantivo unha conversación informal na que lle explicou ao Director Xeral, Rubén Cela a intención de celebrar o próximo encontren Galicia. Nesa ocasión o director xeral amosou a súa disposición a colaborar no que fíxese falta coa asociación galega.

Nas vindeiras semanas informaremos de como van as xestións para organizar o Encontro na primavera de 2009 e tamén de cales son as conclusións ás que chegaron as outras asociacións nas definicións dos perfís profesionais xa detallados.

*(É PRECISO E DE XUSTIZA DARLLE AS GRAZAS A ASOCIACIÓN MANCHEGA POLA SÚA EXCELENTE LABOR DE ANFITRIÓNS)