18/1/08

Comparte as túas dúbidas e os teus recursos



A partir de agora este blog de ATIXDEGA servirá para establecer unha comunicación máis fluida entre os informadores xuvenís de Galicia.

Deste xeito si tedes algún documento, idea ou soporte gráfico que pensedes que debe de ser compartido podedes envíalo e o administrador da páxina encargarase de colgalo para que outros compañeiros e compañeiras poidan descargalo.
Algún exemplo deste tipo poderían ser presentacións en powerpoint sobre temas xenéricos que se poidan facilmente adaptar ou outilizar noutro concello. Pero evidentemente hai moitos exemplos máis.


Asimesmo si tedes algunha dúbida ou necesitades algún tipo de datos, podedes mandarnos un correo e nós exporemos a vosa dúbida. Si vós o pedides farémolo de xeito anónimo ou ben expondo dende que oficina nos chegou esa consulta (así poderanse poñer directamente en contacto con vós).
Algún exemplo deste tipo podería ser alguha oficina que precisase datos de grupos musicais para ciclos de concertos ou datos de empresas que organicen actividades de ocio nas fins de semana, entre moitos outros posibles.

Así de sinxelo, vós facédesnos chegar a vosa dúbida ou consulta, nós colgamola na rede e os compañeiros axudarán coas súas respostas a que resolvades a vosa dúbida.

Tanto os recursos que queirades compartir como dúbidas ou consultas debedes remitilas ao noso email: atixdega@gmail.com

ÁNIMO AGORA É COUSA DE TODOS COLABORAR, COMPARTIR RECURSOS, PLANTEXAR DÚBIDAS E AXUDAR A RESOLVELAS. BONITO RETO ¿VERDADE?

Proposta de nova directiva


O Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela será a sede do próximo encontro de ATIXDEGA



O sábado 12 de xaneiro tivo lugar unha asamblea dos asociados de ATIXDEGA no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela. Durante a mesma produciuse o intercambio de experiencias entre distintos asociados e tamén se chegou á conclusión de que o blog da asociación debería converterse nun espazo de comunicación máis activo.
Deste xeito calquera poderá colgar ideas ou recursos que considere interesantes para ser compartidos por outros compañeiros. Asimesmo no blog poderán plantexarse preguntas ou inquedanzas dos asociados que tentarán ser resoltas por os compañeiros que consulten a páxina a modo de foro.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS.

Asimesmo entre os asistentes chegouse a un acordo para a elaboración dunha lista para a renovación da actual directiva.

Dende este momento ábrese o prazo dun mes para a presentación dunha ou de varias candidaturas alternativas. Si estas se formasen deben poñerse en contacto con ATIXDEGA a través do email atixdega@gmail.com antes do 12 de febreiro, data na que remata o prazo de presentación de candidaturas.

A única lista proposta e presentada ata o momento sería a seguinte:

PRESIDENTE:
José Luis García Sobrino (OMIX BETANZOS)
VICEPRESIDENTE:
Jesús Carlos Nieto Vilas (OMIX VAL DO DUBRA)
SECRETARIA:
María Dolores García Fernández (OMIX LALÍN)
TESOUREIRO:
Humberto Rey González (OMIX SALCEDA DE CASELAS)
VOGAIS:
María del Carmén López (OMIX CUNTIS)
Santiago S. Nieto Romarís (OMIX SERRA DE OUTES)
Rodrigo Padín Serantes (OMIX RIBADUMIA)
Cristina Gayo Veiga (OMIX MOAÑA)
Cristina María García González (OMIX MEAÑO)
Cristina Sánchez Losada (OMIX CAMBADOS)


Ademáis a próxima asamble de ATIXDEGA fixouse para o sábado 23 de febreiro no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela, a partir das 11 da mañá.

Subvencións a asociacións xuvenís


O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 17 de xaneiro a orde pola que se regulan as axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude.

O prazo de solicitude remata o 18 de febreiro de 2008.

17/1/08

O Observatorio Galego dos Medios convida a participar no Foro Internacional sobre Comunicación e Voluntariado


O Observatorio Galego dos Medios (asociado a Media Watch Global) do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia celebra, dentro do seu Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social un Foro Internacional sobre Comunicación e Voluntariado, co obxectivo de analizar, estabelecer e fortalecer os vínculos entre o tecido organizativo da sociedade civil (o Terceiro Sector), os profesionais da comunicación e a comunidade académica. O Foro vai tomar forma a través dun encontro virtual na Internet, que vai transcorrer entre o 1 de Febreiro e o 15 de Marzo de 2008, e unha xornada presencial, a celebrar o sábado 15 de Marzo en Santiago de Compostela. A participación é gratuíta e pode, en función das posibilidades de cada un, englobar unha ou ambas as dúas modalidades.



Neste sentido, convídase ás distintas organizacións do Terceiro Sector a enviar as súas impresións sobre a relación entre Comunicación e Voluntariado. Estas poden realizarse en forma de experiencias, historias de vida ou ideas xerais sobre calquera tipo de relación que se produza entre estes dous ámbitos (organización do traballo de comunicación da organización, visión nos medios do traballo voluntario, realización de medios de información con traballo voluntario, etcétera). Os textos van ser publicados nas actas do foro, editadas en formato CD (con ISBN). Por outra banda, anímase tamén ás distintas organizacións a participaren dos debates do foro, suxeríndolles ademais que difundan esta información a través de portais, listas de correo, etc., na medida das súas posibilidades.


Observatorio Galego dos Medios

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

http://www.observatoriodosmedios.org

http://www.xornalistas.com

11/1/08

O INCUAL convoca unha xuntanza o 23 de xaneiro en Madrid










O Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL) realizará unha xuntanza de traballo o mércores 23 de xaneiro en Madrid. Nesta xuntanza participarán varios expertos de comunidades autonómas do estado español, para tentar de dar os últimos passo á hora de definir o perfil profesional dos informadores xuvenís e dos técnicos de xuventude. O INCUAL é o organismo encargado de fixar os parámetros que rexen as distintas cualificacións profesionais, tales como a formación necesaria para desempeñar unha determinada profesión e as funcións propias da mesma.



El Instituto Nacional de las Cualificaciones (INCUAL) realizará una reunión de trabajo el próximo viernes 23 de enero en Madrid. En esta reunión participarán varios expertos de diferentes comunidades autonómas en el estado español, para intentar dar los últimos pasos a la hora de definir el perfil profesional de los informadores juveniles y técnicos de juventud. El INCUAL es el organismo encargado de fijar los parámetros que rigen las distintas cualificaciones profesionales, tales como la formación necesaria para desempeñar una determinada profesión y las funciones propias de la misma.

5/1/08

A asamblea de Atixdega celébrase o sábado 12 en Santiago de Compostela







A Asociación de Técnicos e Informadore Xuvenís de Galicia (ATIXDEGA) vai a celebrar a partir das 11 da mañá do sábado 12 de xaneiro de 2008 unha asamblea no Centro Sociocomunitario de Vite, en Santiago de Compostela. Este está situado na rúa Carlos Maside, no número 7.