22/2/08

Aprázase a reunión de ATIXDEGA


AVISO IMPORTANTE

Nestes días foron varias as persoas da directiva que comunicaron que lles é imposible asistir á reunión de mañá por motivos laborais. Polo que se decidiu pospor a reunión prevista para mañá para máis adiante.
Ademáis hoxe celebrouse o encontro provincial de informadores en Vigo, así poderemos contrastar o que dixeron en Vigo e en Gandarío. E por outra banda outros compañeiros e compañeiras de Pontevedra que non sabían da convocatoria da asamblea poderán unirse na próxima reunión.

A próxima asamblea será anunciada a través do correo electrónico e no blog da asociación http://www.atixdega.blogspot.com/

Un saudo e disculpade as molestias.
ATIXDEGA

19/2/08

Reunión este sábado 23 en Santiago.





ATIXDEGA convoca aos seus asociados a unha nova reunión de traballo para o sábado 23 de febreiro no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela, a partir das 11 da mañá.

Podedes atopar un plano sobre a súa situación no noso, nunha das entradas anteriores incluidas no blog. aínda que é bastante sinxelo pois está a tan só uns poucos metros de S. Caetano a sede da xunta.

Nesta confirmarase a composición da nova xunta directiva e establecerase un plan de traballo para este ano.
Animámosvos a todos a que vos acheguedes para reflexionar sobreas novidades que plantexou a Dirección Xeral de Xuventude nos encontros provinciais, establecer prioridades no traballo da asociación e novos servizos que poidan xurdir dende a mesma.

Tamén entre todos é importante establecer uns horarios que nos poidan convir de cara a futuras reunións, e tamén que abordemos o tema da asistencia de ATIXDEGA ao encontro de profesionais que preparan os compañeiros de Cataluña para o mes da maio, de forma que poidamos influir no mesmo establecendo os puntos que nos interesa incluir na programación desas xornadas.

15/2/08

Te envíamos el estudio sobre el perfil de los informadores en Cataluña

A Associació Catalana de Professionals de les Polítiques de Joventut
Comissió Professional publicou un estudio sobre o perfil dos profesionais do ámbito xuvenil nesta comunidade. Si estas interesado en recibir este documento envíanos un email a atixdega@gmail.com.

Premendo sobre a imaxe seguinte podes ver as conclusións do mesmo


Encuentro de informadores juveniles para primavera en Barcelona




Desde la Asociación Catalana de Profesionales de las Políticas de Juventud se planteó la posibilidad de realizar un encuentro de profesionales para el mes de mayo en Barcelona. Esta semana se han puesto en contacto con ATIXDEGA para adelantar cual sería el contenido del mismo. La ACPPJ está abierta a propuestas para que entre todos configuremos el calendario de este evento. La ACPPJ nos comunicaba esto:

Sobre los objetivos, planteaba los siguientes:



- Puesto que cada territorio tiene diversidad de situaciones, deberíamos ponernos de acuerdo sobre una categorización de los profesionales de juventud, en función de sus tareas, formación, categorías... Deberíamos entonces, tener un posicionamiento único y común sobre este sector. En resumen se trataría de definir ¿que tenemos que defender? ¿es posible defender lo mismo en cada territorio (especificidades de cada territorio) ? Nosotros partimos del documento que elaboró nuestra comisión profesional y que os entregué en Palma (y que ahora adjunto también) pero es tan solo un punto de inicio sobre el que debatir y trabajar



- Establecer un libro de ruta de trabajo, definir los pasos a seguir, en qué espacios y cómo se pueden defender nuestras posiciones



Por lo que respeta a la organización, como entidad nos podríamos comprometer a cubrir el alojamiento y dietas, pero no el viaje. Éste os lo deberías costear vosotros (a nivel personal, profesional o como asociación, 1 o 2 por entidad). Entendemos que puede ser un elemento que dificulte vuestra presencia, pero no podemos asumir el coste de todos los viajes de todas las personas que puedan asistir. ¿Que os parece esta opción?



La idea que teníamos es que a demás de las entidades firmantes de la declaración de Palma, estuvieran también presentes profesionales y personas relevantes de los otros territorios donde, de momento, no estén organizados y que puedan tener un papel dinamizador en su territorio. Se trataría de tirar de agenda y amistades, y ver qué personas podrían participar, intentando que, como mínimo, todas las comunidades autónomas pudieran tener representación. Nuestra idea es que sea un espacio de debate y trabajo, así que el número de personas asistentes debería facilitar este objetivo. Por este motivo nos planteamos que el numero de participantes sea de unos 40.


Saludos !


Carles Viñas

Técnico AcPpJ

7/2/08


Inauguramos o espacio de colaboración que comentamos en anteriores entradas.

Recientemente unha compañeira facíanos a seguinte pregunta:

Non teredes por casualidade algunha memoria redactada para unha subvención para axudas a equipos deportivos e de futbol que me poidades facilitar???Axudaríame moito. Gracias




Si algún de vós leva a área de deportes ademáis da xuventude pode colaborar con esta compañeira enviándonos unha memoria, ou a súa resposta a atixdega@gmail.com.

Esta é a primeira consulta. trátase de que entre todos vaiamos aportando dúbidas e solucións que nos fagan máis doado e levadeiro o traballo a todos e todas.

Encontro provincial de Informadores da Coruña.




O xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Albergue de Gandarío o Encontro Provincial de Informadores Xuvenís da Provincia da Coruña. Neste encontro desveláronse algunhas das novidades nas liñas de actuación da Dirección Xeral de Xuventude.


Novo marco lexislativo
O Director Xeral de Xuventude Rubén Cela adiantou que durante este ano sairán adiante a Lei de Acción Voluntaria e a Lei Galega de Mocidade. Isto suporá modificar 4 decretos e a posta en marcha do Observatorio Galego da Mocidade e da Escola Galega de Formación no ámbito da xuventude e do voluntariado.

Base de datos única

Ademáis a Dirección Xeral de Xuventude vai a crear unha base de datos dos mozos e mozas galegas. Neste senso será importante a colaboración das OMIX para ir ampliando a mesma. Esta colaboración para ampliar a base de datos da mocidade galega terá contraprestacións pois a Xunta colaborará cos concellos á hora de dar a coñecer algunha actividade que poidan organizar, co envío de sms, postais ou outro xeito de comunicación ao colectivo ao que vaia dirixido. Ademáis tal e como adiantou Rubén Cela esta colaboración servirá para ver que OMIX están funcionando dun xeito correcto, o cal terá repercusións á hora de solicitar as futuras subvencións.
Neste senso haberá tamén cambios no carné xove. Están estudiando a posibilidade de facer un único carné para menores de 30 anos. Este sería similar a unha tarxeta de crédito, non levaría foto e xa se está en contacto con entidades bancarias para desenvolver o mesmo.

Máis actividades no 2008.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude indicouse que neste ano se celebrará:
- Un Congreso Internacional de Políticas de Xuventude.
- Un Congreso Galego de grupos de música.
- Un Congreso Internacional de Mocidade e Sexoloxía.

No apartado músical agárdase chegar a final de ano con 35 ou 40 locais de ensaio funcionando, e tamén a posible posta en marcha dun programa na TVG que serva para dar a coñcer os grupos que utilizan estes locais.

Ademáis a Xunta está estudiando a apertura de Centros Quérote nas 7 grandes cidades galegas e a organización de cursos.

Dentro dos programas desenvolvidos en anos anteriores son varios os que continuarán funcionando. Entre as novidades está a posta en marcha do programa Primavera Activa, para achegar o turismo rural aos mozos dun xeito económico.

A seguridade Vial estará presente coa edicións de manuais de conducir en galego e algún tipo de programa que se desenvolvería no circuito da Pastoriza.

No apartado educativo haberá bolsas formativas para investigadores que estudien temas relacionados coa mocidade e tamén para profesionais (os das OMIX, p.ex) que queiran facer estudios sobre estes temas.

Subvencións ás OMIX


Suso Antelo do Centro Coordinador explicou que para as subvencións vanse a ter en contan indicadores precisos como a asistencia dos responsables aos encontros provinciais e autonómicos ou ben a congresos, así como a contestación aos distintos requerimentos que se pidan dende a Administración.

Dende a Xunta anunciaron que as oficinas que funcionen ben, poden pasar a ser Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil, para o cal terán que ter en funcionamento polo menos unha asesoría especializada nun tema (p.ex, en vivenda). E poderán facelo de xeito mancomunado con outros concellos.
Así deberán ter como mínimo 20 horas de atención reais ao público, de xeito que a Xunta deixará de colaborar económicamente coas que non funcionen ben para destinar máis recursos ás que si funcionen dun xeito óptimo.


Formación dos traballadores
A Escola Galega de Tempo Libre pasará a ser Escola de Xuventude e Voluntariado e será a que expida o títulos de Curso Básico en Información Xuvenil o título de Especialista en Información Xuvenil e o título de Especialista en Mocidade.
Isto servirá para que os traballadores que non exercen na Administración poidan acceder a estes cursos, ao non estar organizados pola EGAP. Asimesmo esta poderá seguir organizando algún curso de carácter máis especializado para os traballadores públicos.
Para traballar nunha OMIX haberá que ter o curso básico, mentres que para ser o/a responsable da OMIX haberá que ter o título de Espcialista en Información Xuvenil.
E de momento están estudiando si pedirán o título de Especialista en Mocidade para traballar en Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil e nas Casas da Xuventude.

Trámites do Incual
Respecto á definición de como están os trámites para acordar a cualificación de Informador Xuvenil. Os participantes acordaron para a mesma a titulación de Bachiller superior.