
O xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Albergue de Gandarío o Encontro Provincial de Informadores Xuvenís da Provincia da Coruña. Neste encontro desveláronse algunhas das novidades nas liñas de actuación da Dirección Xeral de Xuventude.
Novo marco lexislativo
O Director Xeral de Xuventude Rubén Cela adiantou que durante este ano sairán adiante a Lei de Acción Voluntaria e a Lei Galega de Mocidade. Isto suporá modificar 4 decretos e a posta en marcha do Observatorio Galego da Mocidade e da Escola Galega de Formación no ámbito da xuventude e do voluntariado.
Base de datos única
Ademáis a Dirección Xeral de Xuventude vai a crear unha base de datos dos mozos e mozas galegas. Neste senso será importante a colaboración das OMIX para ir ampliando a mesma. Esta colaboración para ampliar a base de datos da mocidade galega terá contraprestacións pois a Xunta colaborará cos concellos á hora de dar a coñecer algunha actividade que poidan organizar, co envío de sms, postais ou outro xeito de comunicación ao colectivo ao que vaia dirixido. Ademáis tal e como adiantou Rubén Cela esta colaboración servirá para ver que OMIX están funcionando dun xeito correcto, o cal terá repercusións á hora de solicitar as futuras subvencións.
Neste senso haberá tamén cambios no carné xove. Están estudiando a posibilidade de facer un único carné para menores de 30 anos. Este sería similar a unha tarxeta de crédito, non levaría foto e xa se está en contacto con entidades bancarias para desenvolver o mesmo.
Máis actividades no 2008.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude indicouse que neste ano se celebrará:
- Un Congreso Internacional de Políticas de Xuventude.
- Un Congreso Galego de grupos de música.
- Un Congreso Internacional de Mocidade e Sexoloxía.
No apartado músical agárdase chegar a final de ano con 35 ou 40 locais de ensaio funcionando, e tamén a posible posta en marcha dun programa na TVG que serva para dar a coñcer os grupos que utilizan estes locais.
Ademáis a Xunta está estudiando a apertura de Centros Quérote nas 7 grandes cidades galegas e a organización de cursos.
Dentro dos programas desenvolvidos en anos anteriores son varios os que continuarán funcionando. Entre as novidades está a posta en marcha do programa Primavera Activa, para achegar o turismo rural aos mozos dun xeito económico.
A seguridade Vial estará presente coa edicións de manuais de conducir en galego e algún tipo de programa que se desenvolvería no circuito da Pastoriza.
No apartado educativo haberá bolsas formativas para investigadores que estudien temas relacionados coa mocidade e tamén para profesionais (os das OMIX, p.ex) que queiran facer estudios sobre estes temas.
Subvencións ás OMIX
Suso Antelo do Centro Coordinador explicou que para as subvencións vanse a ter en contan indicadores precisos como a asistencia dos responsables aos encontros provinciais e autonómicos ou ben a congresos, así como a contestación aos distintos requerimentos que se pidan dende a Administración.
Dende a Xunta anunciaron que as oficinas que funcionen ben, poden pasar a ser Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil, para o cal terán que ter en funcionamento polo menos unha asesoría especializada nun tema (p.ex, en vivenda). E poderán facelo de xeito mancomunado con outros concellos.
Así deberán ter como mínimo 20 horas de atención reais ao público, de xeito que a Xunta deixará de colaborar económicamente coas que non funcionen ben para destinar máis recursos ás que si funcionen dun xeito óptimo.
Formación dos traballadores
A Escola Galega de Tempo Libre pasará a ser Escola de Xuventude e Voluntariado e será a que expida o títulos de Curso Básico en Información Xuvenil o título de Especialista en Información Xuvenil e o título de Especialista en Mocidade.
Isto servirá para que os traballadores que non exercen na Administración poidan acceder a estes cursos, ao non estar organizados pola EGAP. Asimesmo esta poderá seguir organizando algún curso de carácter máis especializado para os traballadores públicos.
Para traballar nunha OMIX haberá que ter o curso básico, mentres que para ser o/a responsable da OMIX haberá que ter o título de Espcialista en Información Xuvenil.
E de momento están estudiando si pedirán o título de Especialista en Mocidade para traballar en Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil e nas Casas da Xuventude.
Trámites do Incual
Respecto á definición de como están os trámites para acordar a cualificación de Informador Xuvenil. Os participantes acordaron para a mesma a titulación de Bachiller superior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario