

ATIXDEGA convoca aos seus asociados a unha nova reunión de traballo para o sábado 23 de febreiro no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela, a partir das 11 da mañá.
Podedes atopar un plano sobre a súa situación no noso, nunha das entradas anteriores incluidas no blog. aínda que é bastante sinxelo pois está a tan só uns poucos metros de S. Caetano a sede da xunta.
Nesta confirmarase a composición da nova xunta directiva e establecerase un plan de traballo para este ano.
Animámosvos a todos a que vos acheguedes para reflexionar sobreas novidades que plantexou a Dirección Xeral de Xuventude nos encontros provinciais, establecer prioridades no traballo da asociación e novos servizos que poidan xurdir dende a mesma.
Tamén entre todos é importante establecer uns horarios que nos poidan convir de cara a futuras reunións, e tamén que abordemos o tema da asistencia de ATIXDEGA ao encontro de profesionais que preparan os compañeiros de Cataluña para o mes da maio, de forma que poidamos influir no mesmo establecendo os puntos que nos interesa incluir na programación desas xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario