
O xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Albergue de Gandarío o Encontro Provincial de Informadores Xuvenís da Provincia da Coruña. Neste encontro desveláronse algunhas das novidades nas liñas de actuación da Dirección Xeral de Xuventude.
Novo marco lexislativoO Director Xeral de Xuventude Rubén Cela adiantou que durante este ano sairán adiante a Lei de Acción Voluntaria e a Lei Galega de Mocidade. Isto suporá modificar 4 decretos e a posta en marcha do Observatorio Galego da Mocidade e da Escola Galega de Formación no ámbito da xuventude e do voluntariado.
Base de datos únicaAdemáis a Dirección Xeral de Xuventude vai a crear unha base de datos dos mozos e mozas galegas. Neste senso será importante a colaboración das OMIX para ir ampliando a mesma. Esta colaboración para ampliar a base de datos da mocidade galega terá contraprestacións pois a Xunta colaborará cos concellos á hora de dar a coñecer algunha actividade que poidan organizar, co envío de sms, postais ou outro xeito de comunicación ao colectivo ao que vaia dirixido. Ademáis tal e como adiantou Rubén Cela esta colaboración servirá para ver que OMIX están funcionando dun xeito correcto, o cal terá repercusións á hora de solicitar as futuras subvencións.
Neste senso haberá tamén cambios no carné xove. Están estudiando a posibilidade de facer un único carné para menores de 30 anos. Este sería similar a unha tarxeta de crédito, non levaría foto e xa se está en contacto con entidades bancarias para desenvolver o mesmo.
Máis actividades no 2008.Dende a Dirección Xeral de Xuventude indicouse que neste ano se celebrará:
- Un Congreso Internacional de Políticas de Xuventude.
- Un Congreso Galego de grupos de música.
- Un Congreso Internacional de Mocidade e Sexoloxía.
No apartado músical agárdase chegar a final de ano con 35 ou 40 locais de ensaio funcionando, e tamén a posible posta en marcha dun programa na TVG que serva para dar a coñcer os grupos que utilizan estes locais.
Ademáis a Xunta está estudiando a apertura de Centros Quérote nas 7 grandes cidades galegas e a organización de cursos.
Dentro dos programas desenvolvidos en anos anteriores son varios os que continuarán funcionando. Entre as novidades está a posta en marcha do programa Primavera Activa, para achegar o turismo rural aos mozos dun xeito económico.
A seguridade Vial estará presente coa edicións de manuais de conducir en galego e algún tipo de programa que se desenvolvería no circuito da Pastoriza.
No apartado educativo haberá bolsas formativas para investigadores que estudien temas relacionados coa mocidade e tamén para profesionais (os das OMIX, p.ex) que queiran facer estudios sobre estes temas.
Subvencións ás OMIX Suso Antelo do Centro Coordinador explicou que para as subvencións vanse a ter en contan indicadores precisos como a asistencia dos responsables aos encontros provinciais e autonómicos ou ben a congresos, así como a contestación aos distintos requerimentos que se pidan dende a Administración.
Dende a Xunta anunciaron que as oficinas que funcionen ben, poden pasar a ser Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil, para o cal terán que ter en funcionamento polo menos unha asesoría especializada nun tema (p.ex, en vivenda). E poderán facelo de xeito mancomunado con outros concellos.
Así deberán ter como mínimo 20 horas de atención reais ao público, de xeito que a Xunta deixará de colaborar económicamente coas que non funcionen ben para destinar máis recursos ás que si funcionen dun xeito óptimo.
Formación dos traballadoresA Escola Galega de Tempo Libre pasará a ser Escola de Xuventude e Voluntariado e será a que expida o títulos de Curso Básico en Información Xuvenil o título de Especialista en Información Xuvenil e o título de Especialista en Mocidade.
Isto servirá para que os traballadores que non exercen na Administración poidan acceder a estes cursos, ao non estar organizados pola EGAP. Asimesmo esta poderá seguir organizando algún curso de carácter máis especializado para os traballadores públicos.
Para traballar nunha OMIX haberá que ter o curso básico, mentres que para ser o/a responsable da OMIX haberá que ter o título de Espcialista en Información Xuvenil.
E de momento están estudiando si pedirán o título de Especialista en Mocidade para traballar en Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil e nas Casas da Xuventude.
Trámites do IncualRespecto á definición de como están os trámites para acordar a cualificación de Informador Xuvenil. Os participantes acordaron para a mesma a titulación de Bachiller superior.