7/2/08

Encontro provincial de Informadores da Coruña.




O xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Albergue de Gandarío o Encontro Provincial de Informadores Xuvenís da Provincia da Coruña. Neste encontro desveláronse algunhas das novidades nas liñas de actuación da Dirección Xeral de Xuventude.


Novo marco lexislativo
O Director Xeral de Xuventude Rubén Cela adiantou que durante este ano sairán adiante a Lei de Acción Voluntaria e a Lei Galega de Mocidade. Isto suporá modificar 4 decretos e a posta en marcha do Observatorio Galego da Mocidade e da Escola Galega de Formación no ámbito da xuventude e do voluntariado.

Base de datos única

Ademáis a Dirección Xeral de Xuventude vai a crear unha base de datos dos mozos e mozas galegas. Neste senso será importante a colaboración das OMIX para ir ampliando a mesma. Esta colaboración para ampliar a base de datos da mocidade galega terá contraprestacións pois a Xunta colaborará cos concellos á hora de dar a coñecer algunha actividade que poidan organizar, co envío de sms, postais ou outro xeito de comunicación ao colectivo ao que vaia dirixido. Ademáis tal e como adiantou Rubén Cela esta colaboración servirá para ver que OMIX están funcionando dun xeito correcto, o cal terá repercusións á hora de solicitar as futuras subvencións.
Neste senso haberá tamén cambios no carné xove. Están estudiando a posibilidade de facer un único carné para menores de 30 anos. Este sería similar a unha tarxeta de crédito, non levaría foto e xa se está en contacto con entidades bancarias para desenvolver o mesmo.

Máis actividades no 2008.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude indicouse que neste ano se celebrará:
- Un Congreso Internacional de Políticas de Xuventude.
- Un Congreso Galego de grupos de música.
- Un Congreso Internacional de Mocidade e Sexoloxía.

No apartado músical agárdase chegar a final de ano con 35 ou 40 locais de ensaio funcionando, e tamén a posible posta en marcha dun programa na TVG que serva para dar a coñcer os grupos que utilizan estes locais.

Ademáis a Xunta está estudiando a apertura de Centros Quérote nas 7 grandes cidades galegas e a organización de cursos.

Dentro dos programas desenvolvidos en anos anteriores son varios os que continuarán funcionando. Entre as novidades está a posta en marcha do programa Primavera Activa, para achegar o turismo rural aos mozos dun xeito económico.

A seguridade Vial estará presente coa edicións de manuais de conducir en galego e algún tipo de programa que se desenvolvería no circuito da Pastoriza.

No apartado educativo haberá bolsas formativas para investigadores que estudien temas relacionados coa mocidade e tamén para profesionais (os das OMIX, p.ex) que queiran facer estudios sobre estes temas.

Subvencións ás OMIX


Suso Antelo do Centro Coordinador explicou que para as subvencións vanse a ter en contan indicadores precisos como a asistencia dos responsables aos encontros provinciais e autonómicos ou ben a congresos, así como a contestación aos distintos requerimentos que se pidan dende a Administración.

Dende a Xunta anunciaron que as oficinas que funcionen ben, poden pasar a ser Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil, para o cal terán que ter en funcionamento polo menos unha asesoría especializada nun tema (p.ex, en vivenda). E poderán facelo de xeito mancomunado con outros concellos.
Así deberán ter como mínimo 20 horas de atención reais ao público, de xeito que a Xunta deixará de colaborar económicamente coas que non funcionen ben para destinar máis recursos ás que si funcionen dun xeito óptimo.


Formación dos traballadores
A Escola Galega de Tempo Libre pasará a ser Escola de Xuventude e Voluntariado e será a que expida o títulos de Curso Básico en Información Xuvenil o título de Especialista en Información Xuvenil e o título de Especialista en Mocidade.
Isto servirá para que os traballadores que non exercen na Administración poidan acceder a estes cursos, ao non estar organizados pola EGAP. Asimesmo esta poderá seguir organizando algún curso de carácter máis especializado para os traballadores públicos.
Para traballar nunha OMIX haberá que ter o curso básico, mentres que para ser o/a responsable da OMIX haberá que ter o título de Espcialista en Información Xuvenil.
E de momento están estudiando si pedirán o título de Especialista en Mocidade para traballar en Centros de Información, Orientación e Dinamización Xuvenil e nas Casas da Xuventude.

Trámites do Incual
Respecto á definición de como están os trámites para acordar a cualificación de Informador Xuvenil. Os participantes acordaron para a mesma a titulación de Bachiller superior.

18/1/08

Comparte as túas dúbidas e os teus recursos



A partir de agora este blog de ATIXDEGA servirá para establecer unha comunicación máis fluida entre os informadores xuvenís de Galicia.

Deste xeito si tedes algún documento, idea ou soporte gráfico que pensedes que debe de ser compartido podedes envíalo e o administrador da páxina encargarase de colgalo para que outros compañeiros e compañeiras poidan descargalo.
Algún exemplo deste tipo poderían ser presentacións en powerpoint sobre temas xenéricos que se poidan facilmente adaptar ou outilizar noutro concello. Pero evidentemente hai moitos exemplos máis.


Asimesmo si tedes algunha dúbida ou necesitades algún tipo de datos, podedes mandarnos un correo e nós exporemos a vosa dúbida. Si vós o pedides farémolo de xeito anónimo ou ben expondo dende que oficina nos chegou esa consulta (así poderanse poñer directamente en contacto con vós).
Algún exemplo deste tipo podería ser alguha oficina que precisase datos de grupos musicais para ciclos de concertos ou datos de empresas que organicen actividades de ocio nas fins de semana, entre moitos outros posibles.

Así de sinxelo, vós facédesnos chegar a vosa dúbida ou consulta, nós colgamola na rede e os compañeiros axudarán coas súas respostas a que resolvades a vosa dúbida.

Tanto os recursos que queirades compartir como dúbidas ou consultas debedes remitilas ao noso email: atixdega@gmail.com

ÁNIMO AGORA É COUSA DE TODOS COLABORAR, COMPARTIR RECURSOS, PLANTEXAR DÚBIDAS E AXUDAR A RESOLVELAS. BONITO RETO ¿VERDADE?

Proposta de nova directiva


O Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela será a sede do próximo encontro de ATIXDEGA



O sábado 12 de xaneiro tivo lugar unha asamblea dos asociados de ATIXDEGA no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela. Durante a mesma produciuse o intercambio de experiencias entre distintos asociados e tamén se chegou á conclusión de que o blog da asociación debería converterse nun espazo de comunicación máis activo.
Deste xeito calquera poderá colgar ideas ou recursos que considere interesantes para ser compartidos por outros compañeiros. Asimesmo no blog poderán plantexarse preguntas ou inquedanzas dos asociados que tentarán ser resoltas por os compañeiros que consulten a páxina a modo de foro.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS.

Asimesmo entre os asistentes chegouse a un acordo para a elaboración dunha lista para a renovación da actual directiva.

Dende este momento ábrese o prazo dun mes para a presentación dunha ou de varias candidaturas alternativas. Si estas se formasen deben poñerse en contacto con ATIXDEGA a través do email atixdega@gmail.com antes do 12 de febreiro, data na que remata o prazo de presentación de candidaturas.

A única lista proposta e presentada ata o momento sería a seguinte:

PRESIDENTE:
José Luis García Sobrino (OMIX BETANZOS)
VICEPRESIDENTE:
Jesús Carlos Nieto Vilas (OMIX VAL DO DUBRA)
SECRETARIA:
María Dolores García Fernández (OMIX LALÍN)
TESOUREIRO:
Humberto Rey González (OMIX SALCEDA DE CASELAS)
VOGAIS:
María del Carmén López (OMIX CUNTIS)
Santiago S. Nieto Romarís (OMIX SERRA DE OUTES)
Rodrigo Padín Serantes (OMIX RIBADUMIA)
Cristina Gayo Veiga (OMIX MOAÑA)
Cristina María García González (OMIX MEAÑO)
Cristina Sánchez Losada (OMIX CAMBADOS)


Ademáis a próxima asamble de ATIXDEGA fixouse para o sábado 23 de febreiro no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela, a partir das 11 da mañá.

Subvencións a asociacións xuvenís


O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 17 de xaneiro a orde pola que se regulan as axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude.

O prazo de solicitude remata o 18 de febreiro de 2008.

17/1/08

O Observatorio Galego dos Medios convida a participar no Foro Internacional sobre Comunicación e Voluntariado


O Observatorio Galego dos Medios (asociado a Media Watch Global) do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia celebra, dentro do seu Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social un Foro Internacional sobre Comunicación e Voluntariado, co obxectivo de analizar, estabelecer e fortalecer os vínculos entre o tecido organizativo da sociedade civil (o Terceiro Sector), os profesionais da comunicación e a comunidade académica. O Foro vai tomar forma a través dun encontro virtual na Internet, que vai transcorrer entre o 1 de Febreiro e o 15 de Marzo de 2008, e unha xornada presencial, a celebrar o sábado 15 de Marzo en Santiago de Compostela. A participación é gratuíta e pode, en función das posibilidades de cada un, englobar unha ou ambas as dúas modalidades.



Neste sentido, convídase ás distintas organizacións do Terceiro Sector a enviar as súas impresións sobre a relación entre Comunicación e Voluntariado. Estas poden realizarse en forma de experiencias, historias de vida ou ideas xerais sobre calquera tipo de relación que se produza entre estes dous ámbitos (organización do traballo de comunicación da organización, visión nos medios do traballo voluntario, realización de medios de información con traballo voluntario, etcétera). Os textos van ser publicados nas actas do foro, editadas en formato CD (con ISBN). Por outra banda, anímase tamén ás distintas organizacións a participaren dos debates do foro, suxeríndolles ademais que difundan esta información a través de portais, listas de correo, etc., na medida das súas posibilidades.


Observatorio Galego dos Medios

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

http://www.observatoriodosmedios.org

http://www.xornalistas.com

11/1/08

O INCUAL convoca unha xuntanza o 23 de xaneiro en Madrid










O Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL) realizará unha xuntanza de traballo o mércores 23 de xaneiro en Madrid. Nesta xuntanza participarán varios expertos de comunidades autonómas do estado español, para tentar de dar os últimos passo á hora de definir o perfil profesional dos informadores xuvenís e dos técnicos de xuventude. O INCUAL é o organismo encargado de fixar os parámetros que rexen as distintas cualificacións profesionais, tales como a formación necesaria para desempeñar unha determinada profesión e as funcións propias da mesma.



El Instituto Nacional de las Cualificaciones (INCUAL) realizará una reunión de trabajo el próximo viernes 23 de enero en Madrid. En esta reunión participarán varios expertos de diferentes comunidades autonómas en el estado español, para intentar dar los últimos pasos a la hora de definir el perfil profesional de los informadores juveniles y técnicos de juventud. El INCUAL es el organismo encargado de fijar los parámetros que rigen las distintas cualificaciones profesionales, tales como la formación necesaria para desempeñar una determinada profesión y las funciones propias de la misma.

5/1/08

A asamblea de Atixdega celébrase o sábado 12 en Santiago de Compostela







A Asociación de Técnicos e Informadore Xuvenís de Galicia (ATIXDEGA) vai a celebrar a partir das 11 da mañá do sábado 12 de xaneiro de 2008 unha asamblea no Centro Sociocomunitario de Vite, en Santiago de Compostela. Este está situado na rúa Carlos Maside, no número 7.

26/11/07

Súmate a ATIXDEGA



Subete ao tren de Atixdega, xuntos conseguiremos a dignificación e recoñecemento da profesión, compartiremos recursos e representaremos os intereses dos técnicos e informadores xuvenís de Galicia




Subete al tren de Atixdega, juntos conseguiremos la dignificación y reconocimiento de la profesión, compartiremos recursos y representaremoslos intereses de los técnicos e informadores juveniles de Galicia

Reunión de ATIXDEGA en Lalín


Algúns dos asistentes ao final da reunión


O pásado sábado 24 de novembro ATIXDEGA celebrou unha reunión no local social de Caixanova en Lalín ás 11 horas.

Acordamos que as conclusións desta reunión se transmitirían a todos os socios/as para que coa súa participación a través do correo electrónico as ratifiquen. Tamén se trasladarán a tódolos compañeiros/as dos que dispoñemos do seu correo electrónico para ter en conta a súa opinión.

Polas dificultades que atopamos para reunirnos, debido á dispersión xeográfica, así como ós diferentes horarios de traballo, acordamos:

- A creación deste blog
- Manter unha conta de correo electrónico gratuito en gmail e hotmail
- Manter contactos a través do Messenger de Hotmail
- Contemplar a posibilidade de grupos de traballo por provincias ou “zonas”

Por outra banda acordamos:
- Aceptar o logotipo creado por Xosé Luis Sobrino para a Asociación, e que nesta carta vos ensinamos
- Marcarnos como obxectivo principal conseguir aumentar o número de socios e socias
- A posibilidade de presentar unha proposta de convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, a través da cal poderiamos recibir ben apoio ou ben determinados servizos: publicacións a través da web http://www.xuventude.net/ ou publicación dun anuncio no Inforxove ou no boletín de información semanal
- Previamente a esta proposta acordamos solicitarlle á Dirección Xeral a inclusión da convocatoria da próxima reunión da asociación no boletín de información semanal.
- A solicitude de información a diferentes entidades bancarias das condicións que nos ofrecen á Asociación para a apertura dunha conta bancaria.
- Establecer unha cuota anual de 30 euros, a pagar en dous prazos, o primeiro sería no mes de xaneiro e o segundo no mes de xullo
- Por último, fixamos a data da próxima reunión para o 12 de xaneiro de 2008, ás 11.00 horas, en Santiago, aínda que non sabemos o lugar, de momento.



PREGÁMOSVOS:

Que nos contestedes para saber que vos parecen as medidas acordadas así como posibles aportacións ou suxerencias.
Manter unha conta de correo electrónico gratuito en Hotmail
- Manter contactos a través do Messenger de Hotmail
- Contemplar a posibilidade de grupos de traballo por provincias ou “zonas”



O 12 de xañeiro temos asamblea ¡Anímate a participa!.