25/11/07

As V Xornadas de Informadores Xuvenís das Illas Baleares.


ATIXDEGA participou nas V Xornadas de Informadores Xuvenís das Illas Baleares.
Incluimos un pequeno informe de cal foi o desenvolvemento das mesmas.


Do 21 ao 23 de novembro celebráronse unhas xornadas de encontro entre informadores xuvenís organizadas polo Consello Balear. As xornadas foron inauguradas polo Director Xeral de Xuventude das Baleares, Joan Artigues Roig.
A continuación pois realizouse unha ponencia a cargo de Eva Nigorra, unha das traballadoras do Centro Coordinador de Baleares. Nela analizabase a situación de partida da información xuvenil, o que se fixera nestes anos e cara a onde ía. En Baleares o Decreto do ano 99 fixa que na rede Infoxove desta autonomía os servizos deben contratar a un informador debidamente formado e tamén cales deben de ser as fucións desa información. En Baleares hai 150 informadores en exercicio e 500 formados.
Dende o ano 2004 hai un curso que é o único valido para exercer nas illas Baleares de 380 horas, este podese facer en liña dende ese ano.
Nel recollense uns mínimos coñecimentos teóricos e prácticos que se revisan e actualizan cada ano según as necesidades da profesión.

Tras ela interviu Maite Benavides do Injuve que ofreceu pois unha explicación de cómo esta a situación do sector da información xuvenil a nivel estatal. Hai traballando actualmente uns 3035 informadores en España.

Galicia sería 3ª comunidade con máis traballadores. E polo que respecta ao persoal hai un 20% que se considera informador xuvenil 21% Técnico medio 15% auxiliar 12% técnico superior e 10% administrativo

Hai comunidades que piden formación específica como Galicia, Asturias, Castela León, Extremadura, Baleares e Navarra.
10 comunidades fan cursos básicos.

Tamén interviu Suso Antelo e explicou o funcionamento da Rede de Información Xuvenil en Galicia.

Máis tarde procedeuse á presentación das asociación profesionais participantes.
A de Baleares que se acaba de crear. Da presentación feita por Tomeu Moreno pareceme importante destacar que eles contarán cunha cuota aínda sen fixar que estará entre 7 e 50 euros anuais. Ademáis xa teñen un dominio web co que empezar a traballar, e neses días comezaron a crear vocalías e grupos de traballo.

Outro dos presentes Antonio Lara da Associació DINAMIA de informadores xuvenís, na que estan os informadores da provincia de Xaén. É interesante que eles crearon unha páxina web de recursos xuvenís para compartir en rede. Queren crear tamén unha rede de itinerarios de porductos xuvenís a nivel provincial. Outro proxecto interesante é o que chaman Operación Contenedor. Trátase de poñer deseños, tipos de fontes ou programas ao alcance dos asociados. Unha presentación en powerpoint sobre o interrail, logos, imaxes para campañas de sexualidade, etc,etc

De Castela A Mancha veu a Asociación Regional de Informadores y Dinamizadores Juveniles de CLM. Teñen unha asociación cun vogal de cada provincia, pagan cuota tamén e bueno están a traballar dende non fai moito, pero con boas ideas.
Nesa comunidade hai como tema interesante a tv joven digital.

Por Cataluña, veu Carles un profesional a soldo desta asociación, que nos explicou como funcionaba alí. Alí pensouse en ampliar a mesma a tódolos profesionais da xuventude. Teñen uns 100 asociados e levan 3 anos traballando. Páxina web, asesoría xurídica, pagan cuota e iso permitelles ter unha persoa liberada e ofrecer todos eses servizos.

E por Galicia ATIXDEGA presentou tamén cal fora a súa evolución neste tempo e os seus retos.

A segunda xornada estivo adicada á creatividade e foi de carácter práctico con xogos de equipo e dinámicas creativas

Pola tarde do xoves 22 traballouse na presentación dun documento conxunto no que se recollesen as inquedanzas das asociacións presentes, coa idea de chamar a atención dos medios de comunicación e da sociedade sobre a importancia da xuventude e dos profesionais que traballan neste ámbito, así como da dignificación desta faceta profesional.
Foi unha longa sesión de traballo na que entre as cinco asociacións, que foron as que asinaron finalmente se chegou a un docuemento que se presentou o venres aos medios de comunicación de Palma. Á roda de prensa conxunta que se realizou o venres 23 na sé do Consello da Xuventude de Baleares asistiron El Mundo, un diario de información de última hora, onda mallorca, Localia e algún outra televisión.

Tras consensuar a chamada Declaración de Palma houbo unha mesa redonda, na que participaron as asociacións presentes, e o público entre o que estaban informadores xuvenís das Illas, a rpte. do Injuve ou unha representante do Centro Coordinador das Baleares.
Por parte de todos fíxose moito fincapé na necesidade de definir os perfís dos traballadores deste sector. Pero quedou sentado que era a veces unha discusión estéril, pois era o Incual o foro no que se tiña que facer por lei
Falouse da importancia deste encontro e de seguir traballando en rede por parte de todas estas asociacións e de convidar a outras a que se unan. Tamén se falou si estas asociacións debían ser ou non prestadoras de servizos á Admon. Por exemplo como tribunal cualificador nunha proba de selección laboral, etc. E que debíamos loitar porque se contase con nós á hora de definir as políticas de xuventude. Outro punto interesante o aportado por CLM. Eles por exemplo contactaron cos Sindicatos para presentar a asociación e contar co seu apoio.
Entre todos quedamos en seguir en contacto e traballar de cara a unha futura reunión, preferiblemente na primavera marzo, abril ou maio do vindeiro ano, que podería ter como sede Barcelona e que podería enmarcarse nun Congreso ou Xuntanza de Informadores Xuvenís a nivel estatal, de tal forma que o traballo en conxunto das 5 asociacións defínise o calendario e temas deste Congreso. Entre os temas que se poderían traballar previamente unificar criterios á hora de denominar ás asociacións e a creación dunha futura federación estatal que nos englobe a todos.

No hay comentarios: