25/11/07

A Declaración de Palma


Como resultado da 2ª xornada de traballo dos encontros das Baleares xurdiu un documento conxunto que asinaron os representantes da Asociació de Profesioanls de Joventut de les Illes Baleares, a Asociación Regional de Informadores y Dinamizadores Juveniles de Castilla-La Mancha (ARIDJ), a Asosociació Catalana de Professionals de las Polítiques de Joventut (AcPpJ), a Asociación de Trabajadores de Juventud, "Dinamia" de Jaén e a Asociación de Técnicos e Informadores Xuvenís de Galicia (ATIXDEGA).

A declaración consesuada foi presentada aos medios de comunicación nunha rolda de prensa celebrada no Consello da Xuventude das Illas Baleares, na cidade de Palma de Mallorca ás 21:30 horas.



O texto asinado foi asinado por tódalas asociacións e é o seguinte:




DECLARACIÓN DE PALMA


Nós, representantes de asociacións profesionais do ámbito das políticas de xuventude, reunidos nas V Xornadas de Información Xove das Illas Baleares “cara á profesionalización con creatividade” do 21 ao 23 de 2007 consideramos:

1- Que todos os xovenes como cidadás e cidadáns que son teñen dereitos e representan un valor fundamental para o desenrolo presente e futuro da sociedade.

2- Que a sociedade e o seu progreso necesita da participación activa da xuventude.


3- Que as administracións públicas e outras entidades deben promover, planificar e desenvolver políticas e actuacións con e para xovenes facilitando os procesos de desenvolvemento persoal e social dos mesmos.

4- Que no marco das políticas públicas, as políticas de xuventude son un ámbito de especialización da acción social e requiren de persoal específico.


5- Consideramos profesional do ámbito das políticas de xuventude a quen traballa na investigación, deseño, dirección, información, asesoramento, dinamización, aplicación ou avaliación dalgún programa, proxecto ou plan dirixido en exclusiva á xuventude; independientemente do seu nivel de cualificación profesional ou de que esté contratado ou en prestación de servizos na administración pública ou outras entidades (asociacións, fundacións, empresas…).

6- Que estes profesionais actúan con criterios de creatividade, innovación, calidade, formación continua, reciclaxe e traballo en rede, para dar resposta ao constante cambio da poboación xovén.

Baseándonos no contexto anterior, os profesionais promotores da Declaración de Palma, propoñemos:

1- Que os gobernos consideren as políticas de xuventude como promotoras do desenvolvemento social e as doten dos recursos necesarios para a consecución dos seus obxectivos.
2- Que os profesionais desenvolvan un rol protagonista na coordinación, dinamización e facilitación de actuacións que aseguren uns mínimos de calidade nas políticas de xuventude.


3- Que, estando nun momento propicio, se recoñeza e regule profesional, laboral e académicamente os perfís dos traballadores no ámbito das políticas de xuventude.


4- Que as asociacións profesionais sexan consideradas como interlocutores obxectivos no asesoramento das políticas de xuventude e na regulación dos perfís citados.



Ante todo isto, as organizacións asinantes comprométense a traballar conxuntamente compartindo obxectivos, coñecementos e accións para a promoción da dignificación dos profesionais do ámbito das políticas de xuventude e a mellora destas.


Así mesmo, convidamos a aquelas asociacións profesionais, constituidas ou por constituir, específicas no ámbito das políticas de xuventude a sumarse aos principios desta declaración.



Palma, 23 de novembro de 2007.

No hay comentarios: