25/11/07

Estatutos de ATIXDEGA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE TÉCNICOS E INFORMADORES XUVENÍS DE GALICIA

CAPITULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL



Artigo 1º.- Constitúese en Santiago de Compostela unha Asociación sen ánimo de lucro que se denominará “ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE TÉCNICOS DE XUVENTUDE E INFORMADORES XUVENÍS DE GALICIA ( ATIXDEGA).

A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei 19 / 1977 , reguladora do Dereito de Asociación Profesional e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

Sendo os seus fins principais:

1) Potenciar a calidade da Información que se destina a xuventude
2) Consensuar coas administracións públicas, pertinentes, as categorías do persoal adicado a Información Xuvenil e velar pola profesionalidade do sector da información xuvenil.
3) Colaborar coas Administracións Públicas no desenvolvemento e planificación de actuacións dirixidas a xuventude. Dando a coñecer puntualmente en Galicia os proxectos que a Xunta de Galicia, Deputacións e Concellos , están levando a cabo en materia de xuventude ao tempo que velará porque exista unha constante relación entre tódalas Oficinas adicadas a Información Xuvenil en Galicia.
4) Fomentar a participación da poboación xuvenil en tódolos proxectos e políticas destinados ós mesmos.
5) Levar a cabo a organización, coordinación, elaboración e impartición de actividades culturais, formativas, animación socio cultural, tempo libre e en xeral todas aquelas que vaian destinadas a xuventude.
6) Traballar, informar e asesorar aos xoves nos temas susceptibles do seu interese co obxectivo de que a Información Xuvenil de calidade teña unha función social importante para o desenvolvemento dos mozos e mozas, especialmente no campo educativo, laboral, asistencial, vocacional e persoal.
7) Asesorar a colectivos, empresas, asociacións, organizacións e institucións dende a perspectiva da Información Xuvenil e potenciar o asociacionismo e o voluntariado, en tódolos ámbitos da sociedade.
8) Proporcionar a formación permanente dos seus asociados mediante a organización de congresos, cursos, seminarios, xornadas, conferencias e a realización de intercambios profesionais, tanto de “modo presencial” como “on line”, e aproximar aos membros da AIXTEGA ás Tecnoloxías da Información e 2) a Comunicación (TIC) e a súa utilización nas tarefas profesionais, para a formación, a comunicación e o intercambio.
3) Asesorar profesional e laboralmente aos asociados.
4) E todos aqueles outros fins, que non se mencionaran anteriormente, e que sexan vinculantes na Información Xuvenil e nas políticas relacionadas coa xuventude..
11) Elixir o Órgano de Goberno da Asociación, ao que se lle faculta para a tramitación da inscrición da Asociación no rexistro correspondente de Asociacións, e que queda composto polas seguintes persoas:

Presidente:
D. Rodrigo Padín Serantes con DNI 35449250-V con domicilio en rúa Escusa Capital nº3. Ribadumia. Pontevedra. C.P.36636


Vicepresidente:
D. Humberto Rei González con DNI 76896795-K con domicilio en rúa Pontevedra nº2 3º A. Salceda de Caselas. Pontevedra. C.P. 36470
Secretario:
D. María Dolores García Fernández con DNI 76827743-S con domicilio en rúa T nº9 3º E. Lalín. Pontevedra.C.P. 36500


Tesoureiro:
D. José Luís García Sobrino con DNI 32824888-R con domicilio en avda.. Jesús García Naveira nº34 3º esq. Betanzos. A Coruña. C.P. 15300

Vocais:
D. Santiago Nieto Romarís con DNI 78782830-X con domicilio en rúa San Ourente 37. Outes. A Coruña. C.P.36967
D. Cristina María García González con DNI 35454179-R con domicilio en rúa Galicia nº36 4ºA. Dena. Meaño. Pontevedra. C.P. 36967
D. María Cristina Sánchez Losada con DNI 35446591-A con domicilio en rúa Pardo Bazán 13, 1º. Cambados. Pontevedra. C.P. 36630.



Artigo 2º.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar e impartir as seguintes actividades:
a.-Cursos e Seminarios.
b.-Solicitar apoio a profesionais do tema a tratar.
c.-Realizar reunións cos Técnicos de Xuventude e Informadores Xuvenís para chegar a acordos.
d.-Facer intercambios de experiencias con outros técnicos de xuventude e informadores xuvenís .
e.-Solicitar das distintas administracións subvencións e axuda para tratar temas concretos.
f.-Realizar tódolos anos como mínimo unha xuntanza nivel provincia e cada dous a nivel autonómico entre Técnicos de Xuventude e Informadores Xuvenís.
g.-Realizar consultas coa Administración pública.
h.-Facer actos culturais, deportivos, de tempo libre e lecer e todos aqueles outros que vaian en consonancia coa Información Xuvenil e as políticas de xuventude.
i.-Colaborar coa Rede de Información Xuvenil e publicar no Boletín Xove tódalas accións que se leven a cabo tanto como asociación como cada Oficina de forma individual.
k.-Organizar todas aquelas actividades que sirvan para mellorar a calidade da información e dos servizos prestados ós xoves.
k.-Promover calquera outra actividade que sexa axeitada para resolver o caso a tratar e que vaia en cumprimento dos fins da Asociación.

Como Asociación sen ánimo de lucro destinaranse ós devanditos fins cen por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto exceptuándose as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e familiares non serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.

Artigo 4º.- O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na localidade de rúa Escusa Capital nº3. Ribadumia. Pontevedra. C.P.36636

Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado de Rexistro de Asociacións.

Artigo 5º.- A Asociación en funcións dos seus fins e da localización do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da comunidade autónoma onde reside ( Comunidade galega ).
Aqueles Técnicos de Xuventude e Informadores Xuvenís que formen parte da rede galega en ámbitos extra-autonómicos poderán formar parte da Asociación en calidade de invitados ou membros de honra, con voz pero sen voto.

Artigo 6º.-

A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

CAPÍTULO II
DOS SOCIOS


Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación tódalas aquelas persoas con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente, que reúnan os seguintes requisitos:

Todas aquelas persoas que estean a traballar ou traballaran como Técnicos de Xuventude ou Informadores Xuvenís nunha / para a Administración Pública, Universidade ou Fundación.

Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:

a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da Acta Fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.


Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
2. Poder elixir e ser elixidos para cargos directivos.
3. Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
4. Beneficiarse de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
5. Ter copia destes Estatutos.
6. Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
7. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación .
8. Facer suxerencias aos membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación.
9. Que se lle poña de manifesto o estado de contas ( ingresos e gastos ) da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Prestar cantos servizos determinen os Estatutos, o Regulamento do Réxime interno e os acordos das Asembleas Xerais.
2. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
3. Asistir ás Asembleas Xerais.
4. Satisfacer as cotas que se establezan.
5. Observar unha boa conducta individual e cívica.
6. Cumpri-los acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos.


Artigo 11º.- Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 12.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 13º.- A condición de asociado pérdese :
1. Por vontade propia.
2. Por falta de pago nas cotas.
3. Por realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación.
4. Por expediente disciplinario.
5. Por non exercer as funcións ( obrigas e deberes ) dun Informador Xuvenil.
6. Por non ser o posto de traballo que ocupe o asociado o de Informador Xuvenil.
7. Por non cumprir os requisitos do artigo 7.


Artigo 14º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrir ante a xurisdicción ordinaria.

Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento de tódalas cotas que teña pendentes.

Artigo 15º.- Os asociados / as poderán pedir a separación temporal por escrito.

A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se estea tramitando un expediente sancionador, ou concorran causas xustificadas que o
aconsellen, tales como a demora no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador
recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.


CAPITULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 16º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 17º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre os socios e o seu mandato durará 4 anos.

Artigo 18º. A Xunta Directiva estará formada por un Presidente , un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e 4 Vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as. O posto de Vocal será ocupado preferentemente por asociados das 4 provincias galegas. No caso de que algunha das provincias non presente candidato o seu lugar poderá ser cuberto por un Vocal das outras provincias .

Artigo 19º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elixiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metade. No primeiro turno serán renovados o Vicepresidente, o Tesoureiro e dous vocais e no segundo, o ano seguinte, o Presidente, o Secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos do segundo turno de renovación durará 1 ano máis. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
Os cargos directivos elixiranse, por eleccións, en Asemblea Xeral por sufraxio universal, directo, libre e secreto.

Artigo 20º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral , fixa-las cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas internas de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.

Artigo 21º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou
o Secretario, por esta orde, e a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 22º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.

Artigo 23º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

Artigo 24º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10 % dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 25.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocados con 15 días de antelación polo/a Presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase para a realización de Asembleas Ordinarias e Asembleas extraordinarias no domicilio de traballo dos asociados.

Artigo 26º.- Serán competencia da Asemblea Xeral ordinaria:
1. Aproba-la acta da reunión anterior.
2. Aproba-lo plan de actividades.
3. Examinar e aproba-la memoria de actividades.
4. Examinar e aproba-las contas e balance do exercicio anterior.
5. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
6. Exame e aprobación das cotas.

Artigo 27º.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
1. Modifica-los Estatutos da Asociación.
2. Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.
3. Aproba-la federación con outras Asociacións.
4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5. Acorda-la disolución da Asociación.
6. Designa-los/as liquidadores/as.
7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a propostas da Xunta Directa.
8. Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.
9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.
10. As que sendo de competencia da Asemblea ordinaria, por razón da urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación.
11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.

Artigo 28º.- Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade máis un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.

Artigo 29º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 27, que requerirá maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asignará o/a Presidente, o/a Secretario/a da Asemblea. A Acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.

Artigo 30º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario procederá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día procederase, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros,
a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluído o que se levantará a sesión por parte do Presidente.

Artigo 31º.- Os acordos que vaian contra os Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

Artigo 32º.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribuccións:
a. Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
b. Propoñe-lo plan de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c. Ordea-los pagamentos acordados validamente.
d. Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
e. Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto có Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, o sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 33º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Ó Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.

Artigo 34º.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en tódalas operacións de orde económico.

O Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario ante do 15 de Decembro, có fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.

Artigo 35º.- Os vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:
Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
Desempeña-los traballos que se lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.


CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO



Artigo 36º.- A Asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de cero euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 37º.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que deberá te-lo preparado antes do un de xaneiro da cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 38º.- A Asociación manterase dos seguintes recursos:
As cotas periódicas dos/as asociados/as.
As cotas extraordinarias qué propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 39º.- As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e adicaránse a atende-las necesidades da Asociación.

Artigo 40.- Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

Artigo 41.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.

Artigo 42.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoureiro, para a utilización conxunta deles.

Artigo 43.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.


CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO



Artigo 44.- O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.



CAPITULO VI
MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN


Artigo 45.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou 1/4 dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera socio/a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.

Artigo 46.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios.

Artigo 47.- A Asociación disolverase polas seguintes causas:
Pola vontade dos asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos/as.
Por outras causas determinadas legalmente.
Por sentencia xudicial.

Artigo 48.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 49.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.

No hay comentarios: